Datos abertos
Todos os eventos públicos de Axenda Viva están dispoñibles nunha API aberta e gratuíta, para que concellos, medios, apps e calquera persoa poidan reutilizalos.
Recursos
- GEThttps://axendaviva.com/api/v1/events
- GEThttps://axendaviva.com/api/v1/events/{slug}
- GEThttps://axendaviva.com/api/v1/categories
- GEThttps://axendaviva.com/api/v1/concellos
Filtros de /events
| when | hoxe, mana, fin-de-semana, esta-semana (por defecto) |
|---|---|
| from, to | Datas AAAA-MM-DD (intervalo incluído, máx. 92 días) |
| concello, comarca, provincia | Slug do lugar (ver /concellos) |
| category | Slug(s) de categoría, separados por comas |
| lat, lng, radius_km | Arredor dun punto (por defecto 15 km) |
| q | Texto libre |
| free=1 | free=0 | Só de balde (1) ou só de pago (0) |
| lang | gl, es, en, pt, fr, it, de (títulos traducidos) |
| limit, page | Ata 100 por páxina |
Exemplo
curl "https://axendaviva.com/api/v1/events?concello=vigo&when=fin-de-semana&lang=gl"Acceso
Non fai falta rexistro: ata 60 peticións por minuto por IP. Se necesitas máis ou queres ver o teu uso, pídenos unha clave e envíaa na cabeceira X-API-Key.
curl -H "X-API-Key: av_…" "https://axendaviva.com/api/v1/events"Licenza
Os datos publícanse baixo CC BY 4.0: podes usalos para o que queiras, tamén con fins comerciais, citando «Axenda Viva (axendaviva.com)» e ligando á ficha do evento.
Privacidade
Contamos as peticións de forma anónima e agregada (por día, recurso e web de orixe) para saber canto se usan os datos. Non gardamos IPs nin cookies, e ninguén, nin os organizadores, pode saber quen consultou un evento.
Para claves, dúbidas ou novos formatos, escríbenos desde a páxina Sobre.